Unha vez un neno foi á escola. Él era pequeno. A escola era grande pero cando o neno viu que podía ir a súa clase camiñando directamente dende a porta de fora, sentiuse ledo e a escola non lle parecía tan grande. Así, unha mañá, cando facía pouco que él estaba na escola, a mestra dixo:
- hoxe imos facer un debuxo
Ben- pensou él. Gustáballe debuxar. Podía facer tódalas cousas: leóns e tigres, galiñas e vacas, trens e barcos,...e tomou a súa caixa de lápis e comezou a debuxar pero a mestra dixo:
- ¡Agarden! ¡non é hora de comezar!
E él esperou ata que todos estivesen listos.
-Agora-dixo a mestra- imos debuxar flores.
Bueno- pensou o neno. A él gostáballe debuxar flores con lápis rosa, laranxa e azul. Pero a mestra dixo:
- ¡agarden! eu mostrareilles cómo se fan. ¡así!- dixo a mestra. Era unha flor vemella có talo verde.- !Agora sí!- dixo- agora poden comezar.
O neno mirou a flor da mestra e logo mirou a súa. A él gostáballe máis a súa flor que a da mestra, pero non o dixo. Gardou o seu papel e fixo unha flor como a da mestra. Era vermella co talo verde.
Outro día, cando o neno abriu a porta de fora, a mestra dixo:
- Hoxe imos traballar con plastilina.
Ben- pensou o neno. Él podía facer todo tipo de cousas coa plastilina: serpes e bonecos de neve, elefantes e coellos; coches e camións,...e comezou a apretar e amasar a bóla de plastilina, pero a mestra dixo:
- ¡Agarden! Non é hora de comezar.- e o neno agardou ata que todos estivesen listos.- !Agora!- dixo a mestra- nós imos facer unha serpe.
Ben- pensou o neno. A él gostáballe facer serpes, e comezou a facer unhas de diferentes tamaños e formas, pero a mestra dixo:
- ¡Agarden! eu ensinareilles cómo facer una serpe ben longa. ¡Así!- dixo a mestra- xa poden comezar.
O neno mirou a serpe da mestra e logo as súas. A él gostábanlle máis as súas, pero non o dixo. Amasou a plastilina nunha grande bola e fixo unha serpe como a da mestra.
Deste xeito, o neno aprendeu a esperar e a observar, a facer as cousas como a mestra e esquecer cómo face-las por sí mesmo. Entón, ocorreu que o neno e a súa familia mudaron de casa e de cidade, polo que o neno tivo que acudir a outra escola. Ésta era maior que a primeira, para chegar a súa aula tiña que subir algunhas escadas e seguir por un corredor longo.
O primeiro día que foi á nova escola, a mestra dixo:
-Hoxe imos facer un debuxo.
Ben-pensou o neno. E esperou á mestra para que lle dixese cómo face-lo pero ela non dixo nada, só andaba pola clase. Cando se achegou ó neno ela díxolle:
-¿Ti non queres debuxar?
- Si-dixo o neno- pero ¿que imos facer?
- Non o vou saber ata que o fagas-respondeu a mestra.
- ¿Como o farei?- preguntou o rapaz.
- De calquera cor- dixo a mestra. Se todos fixesen o mesmo debuxo e usasen as mesmas cores, ¿como podería eu saber quen fixo que?
- eu non sei...- dixo o neno, e comezou a facer unha flor vermella co talo verde.
martes, 21 de julio de 2009
"Un neno" de Helen Buckley
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Chas, encantoume este conto, unha verdadeira pasada. Tomarei nota!!
ResponderEliminar